RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tere Abelleira proclámase con España brillante subcampioa de Europa Sub-17

- Foto:@SeFutbol -

A Selección Española Sub-17, con Tere Abelleira de novo no once inicial, caeu ante Alemaña na quenda de penaltis da gran final e proclamouse subcampioa de Europa da categoría. Ao termo do tempo regulamentario chegouse con empate a cero no marcador, inxusto dada a superioridade hispana. Na lotaría da quenda de penaltis, a fortuna sorriu ás alemás (3-1), que revalidaron así o título.

O partido xogouse no Plzen City Stadium da localidade checa de Plzen.

A capitá do Deportivo Abanca foi substituída no minuto 49, tras recibir unha dura entrada no seu nocello esquerdo.

Tere Abelleira foi titular en todos os partidos deste Campionato de Europa salvo ante Francia na Primeira Fase, encontro que se perdeu precisamente por unha escordadura no seu nocello esquerdo.

Os resultados de España foron os seguintes:

Primeira Fase
Martes 2 de maio
ESPAÑA 1 - ALEMAÑA 4

Venres 5 de maio
REPÚBLICA CHECA 1 - ESPAÑA 5

Luns 8 de maio
FRANCIA 1 - ESPAÑA 1

Xoves 11 de maio
Semifinal
ESPAÑA 2 - HOLANDA 0

Final
Domingo 14 de maio
ALEMAÑA 0 - ESPAÑA 0. Por penaltis: 3-1