Tere Abelleira formou hoxe martes no once inicial de España o Torneo Elite do Campionato de Europa Sub-17, que se celebra en Portugal desde o pasado domingo 26 de marzo ao próximo luns 3 de abril.
O seu primeiro rival foi Portugal, ao que golearon as españolas (6-1), nun partido que quedou resolto na primeira metade. Precisamente Tere Abelleira foi relevada no descanso por Anna Torrodá.
Este xoves 30, o combinado español mídese a Islandia no Estadio Municipal da localidade lusa de Mafra. O encontro arrancará ás 14:00 (hora local, unha hora máis en España).
O calendario e os resultados da Selección Española son os seguintes:
Martes 28 de marzo ESPAÑA 6 - PORTUGAL 1
Xoves 30 de marzo 14:00: ESPAÑA - ISLANDIA, no Municipal Stadium de Mafra
Domingo 2 de abril 16:00: SUECIA - ESPAÑA, no National Stadium de Cruz Crebada