RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Teresa Abelleira, coa selección española sub-19 na Rolda Elite do Campionato de Europa

Teresa Abelleira, centrocampista e capitá do Deportivo ABANCA, foi convocada pola selección española sub-19 que disputará o minitorneo da Rolda Elite do Campionato de Europa da categoría do 2 ao 8 de abril.

A xogadora do Deportivo ABANCA terá que presentarse en Madrid o luns 26 de marzo ás 17:00 horas, un día despois do encontro do próximo domingo (17:00 horas en Ponte dos Brozos) fronte ao Oviedo Moderno, capital para o desenlace do grupo 1º da Segunda División Nacional.

A selección permanecerá concentrada na Ciudad del Fútbol de Las Rozas até o sábado 31 de marzo, día en que voará rumbo á República de Irlanda, sede do minitorneo.

A selección española que dirixe Pedro López terá o seguinte calendario de partidos:

Luns 2 de abril
19:00 (hora local): ESPAÑA - TURQUÍA, en The Mardyke-UCC (Cork)

Xoves 5 de abril
19:00 (hora local): ESPAÑA - REPÚBLICA DE IRLANDA, en Turner's Cros (Cork)

Domingo 8 de abril
14:00 (hora local): AUSTRIA - ESPAÑA, en St. Colman's Park (Cobh)

O gañador de cada un dos 7 minitorneos farase cunha praza para a fase final. A anfitrioa Suíza completa os 8 competidores que loitarán polo título continental en terras helvéticas do 18 ao 30 de xullo.