RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Teresa Abelleira concéntrase en Sanxenxo esta noite coa selección española sub-19

Teresa Abelleira foi convocada pola selección española sub-19 para un Mini Torneo Elite no Estadio Vero Boquete San Lázaro (Santiago de Compostela), do 31 de marzo ao 9 de abril. O combinado nacional montará o seu cuartel xeral hoxe domingo en Sanxenxo (Pontevedra).

Os rivais de España son Serbia, Hungría e a República de Irlanda, con este calendario de partidos:

Mércores 3 de abril
18:30: ESPAÑA - SERBIA

Sábado 6 de abril
18:30: ESPAÑA - HUNGRÍA

Martes 9 de abril
18:30: REPÚBLICA DE IRLANDA - ESPAÑA

Por este motivo, Teresa Abelleira será baixa a próxima fin de semana no partido correspondente á 3 xornada no grupo 1 da Copa Galicia de Segunda División Nacional en Santiago ante o Victoria FC.

A capitá branquiazul é unha das internacionais españolas coas que conta o Deportivo ABANCA, do mesmo xeito que Nuria Rábano, Malena Mieres e Carlota, esta última do Deportivo ABANCA B.