RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Teresa Abelleira e Malena reinan en Europa

As xogadoras do Deportivo ABANCA Malena Mieres e Teresa Abelleira proclamáronse hoxe luns 30 de xullo ante Alemaña (1-0) campioas de Europa sub-19 na quinta final consecutiva que disputou a selección española feminina desta categoría, toda unha marca no mundo do deporte.

O combinado español puido coas alemás, seis veces campioas, e alzouse por terceira vez (2004, 2017 e 2018) co trofeo.

Esta tarde, Teresa Abelleira foi titular, como no resto de partidos do torneo; e foi substituída no minuto 87 por Yasmin Mrabet, con 1-0 xa no marcador. Malena seguiu o choque desde o banco.

- Foto: @SeFutbolFem -

A centrocampista branquiazul foi a gran protagonista o pasado venres 27 de xullo da semifinal fronte a Dinamarca, no estadio de Biel/Bienne.

Teresa anotou no minuto 68 de impresionante disparo o tanto da vitoria (1-0) que derrotaba a unha potencia mundial como Dinamarca e que levaba a España á final.

Na Fase de Grupos, Teresa foi titular nos 3 choques e xogou completos os encontros ante Noruega e Suíza, nos que Malena agardou a súa quenda no banco.

A gardameta do Deportivo ABANCA saltou ao campo de inicio fronte a Francia no partido decisivo desta primeira fase da competición.

Os resultados de España foron os seguintes:

Fase de Grupos

Mércores 18 de xullo
ESPAÑA 0 - NORUEGA 2

Sábado 21 de xullo
SUÍZA 0 - ESPAÑA 2

Martes 24 de xullo
FRANCIA 1 - ESPAÑA 2

Semifinal
ESPAÑA 1 (Teresa Abelleira) - DINAMARCA 0

Final
ESPAÑA 1 - ALEMAÑA 0