Teresa Abelleira e María Méndez entran na lista definitiva para o Europeo sub-19
Foto: - @SEFutbolFem -
A capitá do Deportivo ABANCA, Teresa Abelleira; e María Méndez, recentemente incorporada ao conxunto deportivista, entraron na lista definitiva de 20 xogadoras para a Fase Final do Campionato de Europa sub-19 que se disputará este mes de xullo en Escocia.
As futbolistas branquiazuis e as outras 18 citadas concentraranse na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) o mércores 10 de xullo e o sábado 14 viaxarán a Edimburgo.
España quedou encadrada no grupo B, con Inglaterra, Bélxica e Alemaña.
O calendario de partidos da Primeira Fase da selección española, en horario local (unha hora máis en España) é o seguinte:
Martes 16 de xullo 17:00: ESPAÑA - BÉLXICA, no Forthbank Stadium en Stirling
Venres 19 de xullo 17:00: INGLATERRA - ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling
Luns 22 de xullo 17:00: ALEMAÑA - ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling
As dúas primeiras seleccións pasan a semifinais, que se xogan o xoves 25 de xullo.