RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Teresa Abelleira recolleu hoxe o trofeo que acredita ao Dépor ABANCA como campión de liga

Teresa Abelleira, capitá do Deportivo ABANCA, foi a encargada de recoller na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid), de mans do Presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, o trofeo de campión de liga no grupo 1º de Segunda División Nacional.

Este título viuse referendado posteriormente cun merecidísimo ascenso do Dépor ABANCA á Liga Iberdrola, nunha fase de ascenso saldada con 4 triunfos nos 4 partidos xogados ante Alhama CF e CD Femarguín.

A centrocampista galega, buque insignia do equipo branquiazul, fixo un breve paréntese na concentración da selección española sub-19 que prepara o próximo Campionato de Europa da categoría para ser a embaixadora perfecta do Dépor no acto celebrado na sede da Real Federación Española de Fútbol.