RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Teresa Abelleira, titular e decisiva no debut triunfal de España no Europeo sub-19

Foto: - @SEFutbol -

Teresa Abelleira foi titular no debut triunfal (2-0) de España no Europeo sub-19 de Escocia ante Bélxica. A futbolista galega xogou 85 minutos e foi relevada xa co partido decidido por Rubio.

A capitá do Deportivo ABANCA foi decisiva coa súa actuación: na segunda metade forzou cunha gran xogada o penalti que deu lugar ao 1-0 de Claudia Pina; e asistiu a Laia Aleixandri no segundo.

A outra deportivista na selección española, María Méndez, seguiu o choque desde o banco.

Todos os partidos poderanse seguir en directo en Teledeporte, a canle temática en aberto de deportes de Televisión Española; a excepción do encontro deste venres 19 de xullo (17:00 hora local, 18:00 en España) ante Inglaterra, só pola web www.rtve.es.

O calendario de partidos da Primeira Fase da selección española, en horario local (unha hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 16 de xullo
ESPAÑA 2 - BÉLXICA 0

Venres 19 de xullo
17:00: INGLATERRA - ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling

Luns 22 de xullo
17:00: ALEMAÑA - ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling

As dúas primeiras seleccións pasan a semifinais, que se xogan o xoves 25 de xullo.