RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Test amigable do Xuvenil A ante o Bergantiños, mañá xoves en Abegondo

O Xuvenil A ten cita amigable esta semana. Será mañá xoves (17:00) en Abegondo fronte ao Bergantiños de Terceira División, con entrada gratuíta para os afeccionados.

O conxunto branquiazul marcha en cuarta posición do grupo 1º da División de Honra, con 7 puntos de 12 posibles.

Ademais, dous equipos representarán ao RC Deportivo na Marosa Cup 2018, que se xoga este sábado 29 de setembro en Burela: Alevín A e Benxamín A.

Os primeiros rivais do Alevín A serán o Viveiro A, Sarriana A, Milagrosa e Santiago de Foz A. Pola súa banda, o Benxamín A medirase á SD Ribadeo A e SCD Milagrosa A.

Tamén o sábado, o Benxamín B acode á VII edición do Memorial Manolo Carrera, organizado pola Escola de Fútbol do CD Velle.

Neste torneo, o equipo branquiazul quedou encadrado no grupo C, co Ourense CF, ED Barbadás e Xuventude de Oroso.

O calendario de amigables desta semana para #ANOSACANTEIRA abriuno onte o Alevín B cun triunfo na Cidade Deportiva sobre o Galicia Caranza A (6-3), con tantos de Anxo -2-, Éder, Íker, Xabi e Balbas.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil
XUVENIL A - BERGANTIÑOS (Terceira División), o xoves 27 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 6)

Categoría alevín
IV Marosa Cup 2018 en Burela
Sábado 29 de setembro
Primeira Fase
11:00: ALEVÍN A - SD VIVEIRO A (campo 1)
13:30: ALEVÍN A - SARRIANA A (campo 1)
15:30: ALEVÍN A - SCD MILAGROSA A (campo 1)
17:00: SANTIAGO DE FOZ A - ALEVÍN A (campo 2)
Os dous primeiros clasificados do grupo xogan as semifinais, que se inician ás 18:30 horas

Xogado onte martes: ALEVÍN B 6 (Anxo -2-, Éder, Íker, Xabi e Balbas) - GALICIA CARANZA A 3

Categoría benxamín
IV Torneo Marosa Cup 2018 en Burela
Sábado 29 de setembro
Primeira Fase
12:30: BENXAMÍN A - SD RIBADEO A (campo 1)
14:30: SCD MILAGROSA A - BENXAMÍN A (campo 1)
Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que se inician ás 17:30 horas.

VII Memorial Manolo Carreira no campo Monte da Aira de Velle (Ourense)
Sábado 29 de setembro
Primeira Fase
10:00: XUVENTUDE DE OROSO - BENXAMÍN B
11:40: BENXAMÍN B - OURENSE CF
13:40: ED BARBADÁS - BENXAMÍN B
Os dous primeiros clasificados acceden á Fase Final, que por eliminatoria desde cuartos de final arrinca ás 16:30. Pola súa banda, os outros dous conxuntos xogan unha Fase de Consolación, que por eliminatoria tamén a partir de cuartos de final, comeza ás 16:00 horas.