RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Tiña máis razón que un santo", dixo Juanfran da charla de hoxe de Mel aos titulares en Barcelona

Juanfran, un dos capitáns do Deportivo, desvelou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que os titulares onte en Cornellá El Prat tiveron unha charla no campo 2 da Cidade Deportiva con Pepe Mel, xusto antes de iniciarse o adestramento: "En todo o que nos dixo tiña máis razón que un santo. Identifiqueime con todo o que nos dixo".

Ademais, asegura o lateral deportivista que "o equipo está co adestrador. Nós podemos dar un paso adiante. El ten moita forza, é un adestrador veterano, que xa estivo nestas situacións. Para min é o idóneo para este equipo, para este Club. Así se pensou no verán. Nós imos a matar con el". Razoa que "quen mellor que alguén que xa estivo en situacións así complicadas para sacar isto adiante, como xa demostrou cando veu hai cinco meses. É o mesmo adestrador que nos sacou dun momento fodido".

Advirte Juanfran que "a nosa idea non cambia por seis partidos. Confiamos no adestrador, no que quere. O que temos que facer é tentar que as cousas nos saian mellor para que cheguen as vitorias e todo se tranquilice".

É consciente que se o Deportivo derrota este sábado 30 de setembro no Estadio ABANCA-RIAZOR ao Getafe (13:00 horas, Bein LaLiga) "todo cambia, a nivel clasificatorio, a nivel anímico. Vai ser un xute de enerxía forte para poder traballar esas dúas semanas e seguir puíndo eses defectos que nos están facendo tanto dano".

Recoñeceu que, con 4 puntos sobre 18 posibles, "está a facerse moi complicado este inicio de liga, con momentos moi fodidos, derrotas moi duras. As cousas non saen como esperamos e temos que seguir traballando e seguir tentándoo".

Recalca que o vestiario está "fodido, como está todo o que quere ao Deportivo. Nós máis porque somos profesionais e moléstanos no orgullo. É complicado, non saen as cousas como queres".

Sobre a derrota ante o Espanyol, Juanfran sostén que tras o 3-1, o equipo desconectouse: "O equipo nunca nunca se pode desconectar. O equipo sempre ten que estar metido no partido porque representamos a un Club moi grande e non podemos cometer ese erro de desconectar".