RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tino Fdez. afirma que a rescisión de Víctor ''ten máis que ver co futuro que co pasado''

  O Presidente do RC Deportivo, Tino Fernández, compareció esta tarde ante os medios de comunicación na sala de prensa do Estadio de Riazor para analizar a decisión do Consello de Administración feita p&uacu

Someteuse ás preguntas dos medios, non sen subliñar que a partir de agora "pómonos a buscar o que será o seu substituto. Ata este momento non traballamos niso. Pretendiamos pechar primeiro esta etapa nun sentido ou outro desde que terminou a competición", indicou.

Recalcou que ata a data o Dépor non falou con ningún adestrador e, é máis, confesou chamar ao Presidente do Raio Vallecano para desmentirlle persoalmente informacións que xurdiron no tramo final da tempada sobre un suposto interese deportivista en Paco Jémez, "circunstancia que el agradeceu enormemente".
 
Explicou Tino Fernández que as causas para tomar esta decisión "teñen máis que ver co futuro que co pasado. A reflexión que abrimos nestas dúas semanas ten que ver coa pregunta de en que medida era a persoa adecuada para que non se repetise o da tempada anterior e para que o proxecto futuro teña éxito".
 
Cualificou de bochornosas "" a sucesión de declaracións da última semana, empezando polas do axente de Luisinho, a última rolda de prensa de Víctor en Abegondo ou a de Arribas, "temos que pedir desculpas á nosa afección porque penso que non se tiñan que producir. Iso é unha cousa máis que téñense en conta nesta decisión, pero non é a única".
 
Apunta o dirixente deportivista que agora serán o avogado do Deportivo e o de Víctor os que entren en escena: "trataremos que a liquidación sexa con orzamento desta tempada porque se está producindo nesta, e non nos afecte no tope salarial da tempada que vén", precisamente nunha campaña "cun resultado económico extraordinario, o mellor da historia".
 
Ademais, confirmou o adeus de Alberto Lopo como xogador do RC Deportivo e que Luisinho tampouco continuará vestindo a camiseta branquiazul, como así se lle comunicou ao representante do futbolista portugués.
 
Pola súa banda, insistiu en que a intención do Deportivo é que siga Lucas, máximo goleador do primeiro equipo esta tempada, mentres que sobre o futuro de Manuel Pablo comentou "que non está tomada ningunha decisión, o primeiro é falalo con el".