RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tino Fernández abordou outros temas na rolda de prensa do Meliá

O acto de presentación do acordo con Meliá Hoteis también sirvió para que o presidente do Deportivo repasase a actualidade da entidade, como as reformas que aos poucos se están levando a cabo no estadio de Riazor e na ci

Ao fío de Riazor, Tino Fernández afirmou que a posibilidade de buscar un apelido comercial ao estadio “é algo que está aí, pero que está moi verde. É unha idea que nos parece fantástica pero é moi difícil de conseguir porque ten un custo moi alto: falariamos dun patrocinio que sería o que máis diñeiro achegaría ao Deportivo, e hai clubs en Primeira que non teñen patrocinador nin na camiseta”, lembrou.

Sobre a situación de futbolistas como Juan Carlos, Fernández afirmou que “se está hoxe no Deportivo é porque el quixo. Houbo ofertas e formulacións cos que o Club estaba de acordo. É a operación que máis tempo ocupou: desde finais de xuño xa houbo contactos cos seus representantes en Madrid para falar da súa saída e ata o 1 de setembro cando falo co presidente do Recreativo. En todo isto sempre hai tres partes que teñen que dicir que si. Non se quen toma as decisións na súa contorna pero non houbo ningunha na que iso sucedese”.

Tamén falou sobre a masa social, situada agora por encima dos 23:000 socios. Tino Fernández afirmou que se seguirán “facendo campañas para seguir convencendo a máis xente para que vaia ao fútbol”, antes de reiterar, para finalizar “a plena sintonía do Deportivo coa liga de Fútbol Profesional para iniciativas como a LFP World Challenge porque me parece unha gran idea, como o control financeiro, aínda que cando o sofres dóeche”.