RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tino Fernández: ''Estamos moi satisfeitos coa configuración final que nos queda''

Tras a presentación de Juanfran e Postiga, o presidente do Deportivo, Tino Fernández e o conselleiro do área deportiva, Fernando Vidal, atenderon ás preguntas dos medios de comunicación sobre o mercado de fichaxes que para o D&

"Fichamos ata onde puidemos respectando algo que é moi importante para nós, o control económico da LFP. Estamos moi satisfeitos coa configuración final que nos queda", destacou o presidente do Deportivo antes de entrar a analizar todo o referente á actualidade das últimas semanas. "Globalmente, o exercicio que fixemos, e concretamente a área deportiva con Fernando Vidal como máximo expoñente, foi un traballo moi bo. Fixemos ao redor de 20 operacións, teñen a súa complexidade e en fútbol interveñen cada vez máis axentes. É un gran traballo sen ningunha dúbida. A ambición é sa e ata a chegada de Medunjanin non teño ningún punto que cambiarlle á historia. Despois talvez faltounos porlle un límite temporal a algunhas operacións pero é que queriamos porlle a guinda a un pastel que creo que quedou moi ben".

"Imos manter o rigor porque beneficia ao Deportivo. O tope salarial non é unha cifra que saíu nun sorteo, se somos capaces de xerar máis ingresos teremos máis diñeiro, pero non vale que o digamos, temos que demostralo con feitos: abonos, publicidade e contratos, non con papeis. Esa obsesión, se esa é a palabra, téñoa. Temos que xerar e imos xerar beneficios este ano", concluíu.