RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tino Fernández: ''este ano só cabe subir nota porque agora mesmo está todo orientado''

  Tras a presentación de Jonás Gutiérrez e as renovacións de Laure e Álex Bergantiñvos, Tino Fernández e Fernando Vidal responderon a outras cuestións de actualidade.

O Presidente mostrouse "moi contento co que configuramos para esta tempada. Os obxectivos están maioritariamente todos cumpridos: movémonos/movémosnos antes, consolidamos o que a pasada tempada funcionou mellor e gañamos en experiencia e vinculo no persoal. Ademais, non esgotamos o tope salarial, temos marxe para facer máis cosas pero oxalá non teñamos que facer ningún movemento en decembro".
 
Sinalou que "o primeiro obxectivo é a permanencia porque a próxima tempada imos notar un salto dobre: contaremos cun diñeiro que non temos por anticipos en anos anteriores, que é unha cantidade importante: 5 millóns de , €e beneficiarémonos, aínda máis, dos incrementos da repartición televisiva que o ano que vén serán maiores".
 
En canto a esta campaña a nivel económico, Tino Fernández afirmou que "o ano está orientado, só cabe subir nota porque agora mesmo está todo cuberto e contemplado. O que veña é para subir nota e para mellorar porque nós non nos pomos ningún límite, ningún teito, para xerar os recursos que temos que xerar e para mellorar as condicións de pago da débeda que temos que arrastrar".
 
En canto ás boas cifras de socios: "non renunciamos a nada. Queremos novo abonados e animamos a todos a facerse socios. Animo a todos que busquemos na nosa contorna para atraelos, abonalos e fidelizarlos".
 
Pola súa banda Fernando Vidal cre que "a nota a poremos a final de tempada. Dedicámoslle moitas horas, como o ano pasado, con outras dificultades diferentes ao ser un equipo recentemente ascendido. Veremos ao final da tempada se o traballo de todo o equipo foi o adecuado".