RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tino Fernández: "Non teño ningunha dúbida de que o obxectivo se vai a conseguir"

Tras a presentación de Pepe Mel como novo técnico deportivista, Tino Fernández respondeu a outras cuestións da actualidade, como a rescisión antonte de Gaizka Garitano: "O fútbol profesional son resultados, que son os que mandan e non son os que esperabamos. Ademais hai que sumar a tendencia: pensabamos que tiñamos unha puntuación inferior á que mereciamos e ao comezar a segunda volta mantívose a tendencia, que é pobre. Imos cara abaixo e pensamos que é o momento de rearmar animicamente e facer un cambio de dirección. O equipo ten capacidade, talento, traballo, bos xogadores pero creo que hai que saír desa zona de confort. Falas con moita xente do fútbol que che di 'tedes un equipo estupendo, para estar de 10', pero hai que romper esa dinámica porque a realidade é que somos o 17, nin 10 nin nada, podemos acabar créndonos iso e que sexa unha especie de pesadelo que se vai alongando. Temos que reaccionar, non é só un problema de adestrador. Todo o mundo ten que resetear e convulsionar para arrincar, equivocariámonos se centrásemos a reflexión en Gaizka Garitano. Creo que temos posibilidades para facelo e para facelo moi ben"

"O futuro véxoo con optimismo, hai que facer un chamamento á calma, á ilusión, a sacar o proxecto adiante. Nin estamos en descenso nin estivemos en ningún momento. Quedan moitísimos puntos por xogar e o Deportivo competiu en practicamente todos os partidos. Iso mesmo podémolo conseguir, temos 15 partidos por diante e depende de nós. Non teño ningunha dúbida de que o obxectivo se vai a conseguir e imos subir postos na clasificación".

Por último, sobre a posible saída de Juanfran rumbo a Barcelona, afirmou "categóricamente que non hai ningunha noticia oficial, ningún contacto co FC Barcelona, nin idea de que Juanfran salga. Creo que non vai saír".