RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tino Fernández: ''o noso principal e único compromiso é defender ao Deportivo''

  O presidente deportivista, Tino Fernández, compareció ante os medios tras a presentación de Luckia como novo patrocinador do primeiro equipo branquiazul, "un acordo moi importante que se estende también á pr

Preguntado polo partido desta noite ante a Valencia, o máximo mandatario afirmou tajantemente que aposta "a vitoria. Cando se quere que salga o plan A nunca hai que pensar no plan B", engadiu.

Sobre a polémica xerada tras o último encontro do rival de hoxe, o presidente desexou que "a presión desde Valencia non inflúa. En arbitraxes non estivemos afortunados esta tempada e creo que a pasada, en global, tamén saímos prexudicados. Vimos duns últimos partidos nos que hai un erro con transcendencia no resultado. Pítanos un bo árbitro e creo na profesionalidade do equipo arbitral", comentou Tino Fernández.
 
O comunicado acerca da proposta de sancións por parte do Comité Antiviolencia tamén ocupou parte da súa intervención. Sobre este asunto, o dirixente branquiazul foi rotundo. "O comunicado é extenso e claro. Nós estamos aquí para defender ao Deportivo, é o noso principal e único compromiso. Temos un compromiso cento por cento co cumprimento das normas. Non sabemos cal é o precepto legal que estamos a incumprir. Ademais nós estamos só, única e exclusivamente co Deportivo. Co Deportivo ao 100%", afirmou.
 
Tino Fernández tamén foi interpelado acerca da exclusión da convocatoria do turco Emre Çolak no pasado derbi de Balaídos. "O que hai é unha decisión do ámbito deportivo. Nin a min nin ao Consello chegounos nada. Da convocatoria ou das aliñacións nunca interviñemos nin imos intervir, nin imos pedir explicacións", sinalou o presidente deportivista.