RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tino Fernández: "Se pensamos que por cambiar a estrutura da débeda somos ricos é un gravísimo erro"

Tras a presentación do Memorial Antonio Meirás: o Silva-Dépor do sábado en Elviña, Tino Fernández atendeu a cuestións de actualidade expostas polos medios de comunicación.

Sobre o mercado afirmou que "por agora non podo dicir nada, sae moita información, unha é boa, outra non ten nada que ver coa realidade e a verdade é que tampouco axuda moito que salga esa información. Cando se saiba algo o comentaremos". Cuestionado sobre os rumores que sitúan a Diego Alves no Deportivo, respondeu que "é certo que se está falando pero non está nin feito nin moitísimo menos. A min particularmente son noticias que non me gustan porque non axudan á operación. A discreción é importante nestes temas. É un xogador que interesa como outros. Agora mesmo non hai nada". Tampouco sobre saídas: "Non hai propostas sobre vendas. Hai moito ruído de mercado pero non temos nada encima da mesa"

Sobre unha posible marcha do capitán: "Bergantiños decide el. Si é certo que ten varias ofertas e se decide saír decidirá onde. O Sporting é un dos que o pode afrontar con máis garantías porque loitará polo ascenso, ten un orzamento máis alto porque ten o seguro de descenso. A parte de onde vai tena que levar el e cando o teña decidido comunicaránolo".

O mercado está aberto e queda moito por diante: "Está claro que hai posicións nas que nos temos que reforzar e a dirección deportiva ten unha idea moi clara de como vai quedar configurado o cadro de persoal e estou seguro que se vai a conseguir", pero quixo matizar: "en todas as operacións temos que ser rigorosos, responsables, ser un Club sustentable, non meternos en cousas que a longo prazo nos compliquen a vida. Iso non o podemos perder de vista. Se pensamos que porque cambiamos a estrutura da débeda somos ricos é un gravísimo erro. Estamos coas mesmas dificultades que tiñamos pero estruturadas doutra maneira. Iso fai que o rigor teña que ser máximo e non nos podemos meter en todo tipo de operacións. Xa nos metemos nunha compra importante que é a de Guilherme e seguramente podamos facer algunha máis, pero temos que repartir moi ben o diñeiro que temos. Somos igual de pobres que hai dúas semanas. A curto prazo imos poder competir mellor porque imos ter máis tope pero esas operacións das que se fala nos medios non se poden facer porque non dá o diñeiro".

Do arranque da pretemporada comentou que "co adestrador falei bastante, aos xogadores vereinos esta tarde. Estamos todos ilusionados co traballo e con acabar de configurar un equipo competitivo que mellore o anterior, ese é o obxectivo", antes de falar sobre os primeiros partidos do ano: tentamos que o Deportivo viaxe e, se pode ser, teña contacto directo cos afeccionados, fomentar o deportivismo e estar preto da nosa xente ademáis de afinar, axustar ao equipo, complementar o adestramento de pola mañá. A partir do 25 de xullo entra nun formato máis estándar".

Cuestionado finalmente sobre un posible regreso de Lucas Pérez quixo aclarar que "é un desexo seguro pero a posibilidade é remota, hai que ser realista. Está nun gran club, que fixo un gran esforzo económico para contratalo, ten unha ficha alta e o desexo do Arsenal non é que salga. Quero mandar unha mensaxe de respecto absoluto ao Arsenal e se temos que facer algunha proposta farémoslla directamente a eles. Xa veremos. Ao mercado queda moito", concluíu.