RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Toché advirte que o Dépor empeza ''con moita ilusión e moitas ganas''

Toché compareció ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo.  O dianteiro deportivista, con Fariña pichichi da pretemporada, confesa que o método de adestramento cambiou coa chegada ao banco de Víctor

Confesou que esta mañá, o persoal visionó un vídeo "con cousas boas que fixemos durante a pretemporada, con todo o que non pode volver suceder, con cousas que se poden mellorar. Todo apuntando para arrincar o sábado ao cento por cento, con moita ilusión e moitas ganas".

O seu tres goles este verán, "valen para chegar con confianza ao comezo da liga. Que sexan os primeiros goles de moitos. Oxalá veñan moitos goles este ano e poida axudar ao equipo a conseguir o obxectivo".

Sobre o encontro deste sábado (21.00 horas, Catro) en Granada, Toché destaca que o conxunto andaluz é un equipo "físico, que vai ir forte, intenso. Nós temos que tentar mellorar esas facetas e tentar plantar cara desde o minuto uno, e facer o noso fútbol".

Respecto das posibles incorporacións, Toché avisa ao que veña que "vai ter que demostrar que quere ou pode xogar".