RCD / NOVAS

Toché: Este 2015 creo que vai ser bo para o Dépor

Toché compareció esta tarde ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo, nada más concluír a primeira sesión de adestramento do primeiro equipo tras o parón navideñou.

29/12/2014 21:34

Recoñece o dianteiro deportivista estar "con ganas de volver adestrar, con ganas de que empecen os partidos e de volver xogar".

-"Volver xogar e volver gañar" (pregunta)
-"Si, sobre todo de dar mellor sensación que o último día. Queremos gañar en casa, se pode ser ben e que teñamos un ano 2015 tranquilo", puntualiza o '18' deportivista.

Opina Toché que "temos equipo para non sufrir. Pero téñennos que acompañar os resultados. Sabemos que non vai ser fácil. Penso que demostramos en bastantes partidos que podemos facelo ben e este 2015 creo que vai ser bo para o Dépor".

Do ano 2014 que está a piques de concluír, Toché queda co ascenso do Deportivo a Primeira División: "Para o vestiario foi súper importante. Foi sufrido e gozámolo moito. Ese foi o momento do ano".

Máis novas de: TOCHÉ

RCD / Noticias Relacionadas