Toché lanzó esta mañana na sala de prensa de Abegondo unha mensaxe á afición, de face ao choque ante a Valencia do domingo 19 de outubro (17.00 horas, Riazor): "O equipo vaino a dar todo. Penso que temos que ir todos a un tempo. Dividir afición e equipo non serve de nada. Nós imos tentar dar o noso cento por cento porque é a única forma de gañar partidos en Primeira División. Este Dépor ten sempre que ir ao máximo das súas posibilidades".
canaldeportivo, A Coruña14/10/2014 21:25
Da Valencia, Toché asegura que "é todo o contrario a nós. É un equipo que está de sorte positiva, nunha dinámica positiva, cunha afección envorcada co seu equipo. Veñen vendo as cousas moi fáciles. Imaxino que estarán entre o cinco primeiros durante o ano. Pero nós temos que esquecernos de éso e centrarnos en nós, que bastantes problemas temos. Tentar porllo difícil".
Cre Toché que o parón foi positivo para o Dépor: "Desconectar tamén do fútbol creo que ás veces vén ben. Vir coas pilas cargadas e esta semana xa pensar no domingo, que é un partido moi importante. Sabemos que necesitamos a vitoria e creo que o equipo está concienciado".
O dianteiro deportivista non pon nin un 'pero' a todo o devandito nos medios de comunicación tras o último encontro ligueiro no estadio Sánchez Pizjuán: "Encaixamos as críticas como profesionais que somos, tentamos que nos prexudique o menos posible. E ter a cabeza posta na seguinte xornada".
O dianteiro deportivista Toché, un dos xogadores más queridos polos afeccionados branquiazuis, apadrinó hoxe o meuércoles no campo das Eiroas a segunda edición do Dépor Campus Carballo, cuxa celebración está prevista para mediados do próximo mes de xullo.