RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Toché pide agora en Liga 'ir a por o partido desde o inicio'

Toché, autor do tanto do empate onte á noite ante o Málaga, compareció esta mañana ante os medios informativos en Abegondo. "Penso que fixemos un bo partido, que merecemos más. Tivemos bastantes ocasións. E no meu c

Ao seu xuízo, "tivemos a opción de deixar a eliminatoria case pechada pero imos ir alí sabendo que o Málaga non é mellor que nós. Onte plantámoslle cara. Tivemos bastantes máis ocasións que eles. A pena foi ese gol a balón parado que nos fixo moito dano pero nós imos ir a por a Copa, porque para a xente menos habitual é importante seguir nesta competición".

O dianteiro deportivista asegurou que "para nós, os menos habituais, era unha oportunidade para reivindicarse e para mostrar que tamén podemos xogar. O equipo deu a cara, o míster sabe que pode contar connosco e tentar sumar, porque estes partidos son importantes para coller a forma os que xogamos menos".

Agora, en Liga, espera Toché un partido "diferente, porque eles van sacar un once diferente, e nós case tamén. Pero a actitude que temos que ter é a mesma de onte, de ser atrevidos, de ir ao ataque, de crear ocasións e non de aguantar a ver como reaccionan eles. Temos que ir a por o partido desde o inicio e crear ocasións como onte".