RCD / NOVAS

Toché recibiu esta mañá a alta médica

Toché recibió esta mañana o alta médica tras completar con normalidade unha nova sesión de adestramento co grupo.

14/03/2015 15:39

Así pois, o dianteiro deportivista está a disposición de Víctor Fernández para o partido do próximo domingo 22 de marzo en Riazor (12.00, Gol T e Canle + Liga) ante o Espanyol.

A sesión de hoxe no campo número 2 da cidade deportiva foi de recuperación para os titulares onte venres en Mestalla, con carreira continua, rondos, fut-voley, ximnasio e masaxe.

Para o resto do persoal, o adestramento foi normal, de alta intensidade, principalmente con fútbol en espazo reducido. Só Postiga está á marxe do grupo, con tratamento médico e de fisioterapia.

O equipo retoma de novo o traballo o martes 17 de marzo ás 11.00 horas. Mañá domingo e o luns haberá descanso.

O plan de adestramentos, sempre susceptible de sufrir variacións por decisións técnicas, é o seguinte:

Martes 17 de marzo
11.00: Adestramento en Abegondo

Mércores 18 de marzo
11.00: Adestramento en Abegondo

Xoves 19 de marzo
12.00: Adestramento en Riazor a porta pechada

Venres 20 de marzo
12.00: Adestramento en Riazor a porta pechada

Sábado 21 de marzo
11.00: Adestramento en Abegondo

Máis novas de: TOCHÉ

RCD / Noticias Relacionadas