RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Toché: Todos temos que ser unha piña

Toché lanzó esta mañana na sala de prensa de Abegondo unha mensaxe de unidade de face ao tramo final e decisivo da competición: "En casa témonos que facer fortes. Temos que ir todos a un tempo, afición, equipo, Pres

Cre o dianteiro deportivista que "o equipo ten menos puntos dos que se merece. E este partido (o do Espanyol) foi un máis. Hai equipos que gañan partidos sen merecelo. E a nós este ano non nos pasou".

Recoñece Toché que o Deportivo "necesita un par de vitorias para porse na zona cómoda e non ter esa ansiedade cada semana de poder meternos en descenso".

Apunta que "nós sabiamos que ía ser un ano duro, que ía ser un ano que iamos ter que pelexar moitísimo. E así está a ser. Creo que temos persoal suficiente para salvarnos. A priori, baixo o meu punto de vista, somos bastante mellores que os equipos de abaixo. Pero si que é verdade que os puntos son os que son, e a situación é a que é. Temos que ser positivos e pensar que o equipo se vai a salvar".

A xuízo de Toché, "este parón vainos a vir ben, para recargar pilas e centrarnos no partido que vén, que é outra final para nós".