RCD / NOVAS

Todo listo no Dépor ABANCA para o debut en Primera Iberdrola

07/09/2019 19:30

O Deportivo ABANCA arranca mañá domingo 8 de setembro (12:00 horas) en Abegondo a Primera Iberdrola ante o RCD Espanyol, un clásico do fútbol feminino nacional que a temporada pasada acabou na zona media da clasificación.

Os socios do Dépor teñen acceso gratuíto e, para este histórico primeiro partido, os afeccionados en xeral terán que pagar 5 euros.

Manu Sánchez citou a 18 futbolistas, entre as que se atopan as canteirás Carlota Sánchez e Alba Suárez.

Causan baixa obrigatoriamente por lesión Silvia Mérida, Érika e Yamamoto.