RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Todo o cadro citado para o choque de mañá en ABANCA-RIAZOR ante o CF Fuenlabrada

O Deportivo encara o choque de mañá luns 20 de xullo en ABANCA-RIAZOR ante o CF Fuenlabrada (21:00 horas, #Vamos) con todo o seu cadro; é dicir, cos 28 futbolistas que Fernando Vázquez tivo ás súas ordes durante esta etapa final da liga post-confinamento.

Iso si, non poderán xogar ante o conxunto madrileño por lesión Somma, Uche e Álex Bergantiños; ademais de Eneko Bóveda, sancionado por acumulación de amoestacións. Neste sentido, Fernando Vázquez lembra que "tivemos baixas importantes nesta parte da liga. Caeunos Peru... Agora Álex nun partido importante. Pero non me vou a acordar deles á hora de facer unha aliñación, de facer un equipo. Aínda que son importantes, espero que estas baixas non sexan determinantes", indica.

Na sesión de hoxe na Cidade Deportiva, o técnico deportivista, após un quecemento con xogos e rondos, dispuxo dunha tarefa de posesión e un partido a tres cuartas partes do campo 2.

Todo o equipo concéntrase mañá luns pola mañá, á espera do partido en ABANCA-RIAZOR, o último encontro desta temporada.