RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Todo o cadro citado para o partido de mañá ante o Córdoba CF en ABANCA-RIAZOR

José Luis Martí citou a todo o cadro, incluído o lesionado Krohn-Dehli, para o choque de mañá sábado en ABANCA-RIAZOR (20:30 horas, Movistar Partidazo) ante o Córdoba CF, último de LaLiga 1|2|3.

Mañá sábado, os futbolistas realizarán a partir das 11:30 horas un último ensaio suave no propio estadio, antes de concentrarse no Hotel Meliá María Pita á espera do partido.

Na sesión de hoxe en Abegondo, co fabrilista Montiel e o meta xuvenil Alberto, o equipo arrancou cuns rondos e unha roda de pases. A continuación, o técnico deportivista dispuxo un partido e, para concluír, ensaio de accións a balón parado.