RCD / NOVAS

Todos os Socios Protectores que o solicitaron disporán de entrada para o Dépor-Salamanca

12/10/2020 16:15

Unha vez pechado o proceso de solicitude de entradas para o partido Deportivo-Salamanca do próximo domingo ás 19:00 h. en ABANCA-RIAZOR entre o Dépor e o Salamanca CF UDS, todos os Socios Protectores do Deportivo que o solicitaron formalmente a través das canles habilitadas polo Club, teñen á súa disposición unha entrada para o partido.

O aforamento reducido do Estadio ABANCA-RIAZOR permitirá acoller a todos os Socios Protectores que o solicitaron, aínda que, nas bancadas con maior porcentaxe de socios respecto da súa capacidade actual pola normativa COVID, non haberá dispoñibilidade de entradas para todos eles. Por este motivo, unha vez esgotadas as entradas para a súa bancada correspondente, ofreceráselle ao Socio Protector a posibilidade de comprar entradas para outras bancadas ao prezo que teña esa localidade, como historicamente fíxose no Club en partidos de alta demanda.

Por todo iso a repartición de entradas vaise a efectuar por estrita orde de compra, podendo una mesma persoa retirar (cos carnés ou documentos de identificación acreditativos correspondentes) as entradas dos seus acompañantes se tamén son solicitantes. A asignación será aleatoria, non se poderá elixir o sitio dentro da bancada, pero esas entradas retiradas simultaneamente si serán contiguas (en asentos contiguos habilitados). No momento da compra da entrada, rexistraranse os datos de fila e asento asignado a cada socio adxudicatario, responsable desde ese momento do uso posterior desa entrada en caso de rastrexo por COVID.

As entradas para os Socios de Ouro e Socios Protectores que o solicitaron están á venda do martes 13 de outubro ao sábado 17 de outubro, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. na Oficina de Atención ao Deportivista (avenida de La Habana s/n). A Oficina de Atención ao Deportivista estará aberta de martes 13 a sábado 17 exclusivamente para a venda de entradas para o primeiro partido da Temporada. As altas e renovacións de socios durante esa semana deberán realizarse online na páxina: abonos.rcdeportivo.es

Os prezos das entradas para o Deportivo-Salamanca son os seguintes:

Para acceder ao Estadio ABANCA-RIAZOR será necesario presentar a entrada adquirida, non sendo válido ningún carné para o acceso. Por protocolo COVID cada asistente deberá pasar un control de temperatura, higienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada na súa entrada (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bares nin está permitido introducir e consumir comida ou bebida no interior do Estadio), respectando a distancia de seguridade de 1,5 metros entre espectadores.

O Real Club Deportivo roga a todos os seus socios que manteñan todos os protocolos de distanciamento social e hixiene tanto na retirada das entradas na Oficina de Atención ao Deportivista como nos accesos ao Estadio ABANCA-RIAZOR o día do partido, tratando de adiantar no posible a súa chegada ao Estadio para evitar esperas de última hora.