RCD / NOVAS

Torneo amigable para o Benxamín B en Catoira, este sábado 22 de febreiro

17/02/2020 17:03

Aproveitando a festividade dos entroidos, co consecuente parón ligueiro na Primeira C, o Benxamín B participará o sábado 22 de febreiro nun torneo amigable en Catoira (Pontevedra), organizado polo conxunto local, o Catoira SD.

O equipo branquiazul terá como primeiros rivais ao Catoira SD A e ao CD Sar, con este calendario de partidos correspondentes á Primeira Fase no Municipal das Lombas:

11:15: CATOIRA SD A - BENXAMÍN B (campo 1)
14:35: BENXAMÍN B - CD SAR (campo 1)

Os 2 primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrincan ás 16:15 horas.