RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Traballada e merecida vitoria do Fabril en Paiosaco para abrir a liga

O Fabril cultivou un traballada pero merecida vitoria na Porta Santa (0-1) ante o UD Paiosaco, na primeira xornada de Terceira RFEF. Decidiu o partido un penalti transformado por Diego Gómez no minuto 78, en pleno asedio fabrilista.

O filial deportivista presentouse na Porta Santa despois dunha longa pretemporada cun total de 10 amigables (dous deles de 45 minutos), ante rivais principalmente de Segunda e Terceira RFEF; e cun balance de 6 partidos gañados, 2 empatados e 2 perdidos. Os fabrilistas anotaron 20 goles e recibiron 9 dianas.

Ademais, Óscar Gilsanz viu como moitos dos seus futbolistas estiveron adestramentos e partidos co primeiro equipo, caso de Dani Barcia, Tim, Marcel, Martín Ochoa, Porto...

Na primeira parte as mellores ocasións foron para o Fabril, que, no entanto, á media hora de xogo perdía a Tim por lesión. O propio futbolista australiano e Iván puideron pór por diante ao filial deportivista.

Ao descanso chegouse sen goles. Óscar Gilsanz deu entrada a Mella e Jairo após o paso polos vestiarios e o Fabril lanzouse a por o triunfo.

Iano Simao tivo nas súas botas quizais a mellor ocasión do partido pero o que non perdoou foi Diego Gómez desde o punto de penalti no minuto 78, facendo xustiza ao que se estaba vendo sobre o terreo de xogo.

Fabril: Brais Suárez, Marc Lachevre, Brais Val, Dani Barcia, Álex Pereira, Barba, Diego Gómez, Tim, Iván, Iano Simao e Jesús Ares. Tamén xogaron: Iñaki, Mella, Jairo e Fito

A próxima semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Alondras CF.