RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Traballada vitoria do Cadete B sobre o CD Conxo Santiago B

O Cadete B púxose o mono de faena para sacar adiante o seu partido ante o CD Conxo Santiago B (2-0), en choque correspondente á 5ª xornada no grupo norte da liga Galega.

Hugo Matos e Nico, ambos na primeira metade, foron os goleadores branquiazuis.

Con este marcador, o Cadete B mantense na zona alta da táboa con 13 puntos.

Cadete B: Manu, Alexis, Seydiba, Nico, Raúl, Sierra, Mardones, Marcote, Marco Baña, Matos e Domínguez. Tamén xogaron: Monteagudo, Iván, Fer, Lombao e Mateo.

A próxima fin de semana, o Cadete B visita ao Atlético Coruña Montañeros CF, un dos rivais a bater neste grupo.

Os resultados do Cadete B son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0