RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Traballado triunfo do Benxamín B sobre o Ural C

O Benxamín B amarrou os 3 puntos nun disputado encontro ante o Ural CF C (1-3) pertencente á 1ª xornada da Primeira C que foi suspendida o pasado 23 de novembro polo temporal de choiva e vento que azoutou A Coruña e a súa comarca.

Íker -2- e Hugo foron os autores dos goles branquiazuis ante os uralistas.

Con este resultado, o Benxamín B suma 6 puntos de 6 posibles.

Benxamín B: Brais, Hugo, Leo, Antón, Sergio, Íker, Thiago e Nico. Tamén xogaron: Alejandro, Mario, Yael e Mateo.

O venres 13 de decembro, o Benxamín B mídese ao CD Calasanz C en Abegondo (19:30 horas) con motivo da 3ª xornada ligueira.

Os resultados até a data do Benxamín B son os seguintes:

Ural CF C 1 - Benxamín B 3 (Íker -2- e Hugo)
Benxamín B 8 (Íker -3-, Hugo -2-, Mario -2- e Sergio) - Atlético Coruña Montañeros CF B 0