RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo físico e táctico para o primeiro equipo, esta mañá en Abegondo

O Deportivo, hoxe cos porteiros fabrilistas Álex Cobo e Pedro López, alternou esta mañá traballo físico e táctico no adestramento diario en Abegondo, xa cos cinco sentidos postos na visita do Real Zaragoza a ABANCA-RIAZOR, prevista para este domingo 16 de decembro (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Así, após un quecemento, o preparador físico Julio Hernando deseñou en primeiro lugar un circuíto de forza con balón no campo 3.

A continuación, Natxo González tomou a batuta para, no campo 2, dirixir nunha metade de campo un exercicio táctico ofensivo cun grupo de futbolistas; e un traballo defensivo co resto do cadro na outra parte do terreo de xogo.

Un partido a metade de cancha, tamén co técnico deportivista impartindo constantes instrucións, puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Adestráronse á marxe do grupo, ben cos fisioterapeutas ou ben co readaptador: Gerard Valentín, Carlos Fernández, David Simón, Diego Caballo, Fede Cartabia e Dani Giménez, este con unha contusión nun glúteo.

Mañá xoves, o cadro está citado de novo en Abegondo ás 11:00 horas.