RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Traballo, intelixencia e solidariedade, as claves para puntuar no Camp Nou, segundo Bruno Gama

  Bruno Gama compareció ante os medios de comunicación esta mañana en Abegondo, nada más finalizar a última sesión de traballo desta semana sen fútbol ligueiro.

O atacante deportivista opina que "o equipo está ben, traballa ben diariamente. O míster traballa ben nos adestramentos tamén. Fainos sentir mellor en cada adestramento, traballar ofensivamente, co balón o que nos gusta. Estamos contentos".
 
Confesa Bruno Gama que "o que pretendemos é que sexa un ano tranquilo. Sumar os puntos necesarios que nos dean tranquilidade e máis confianza". 
 
Agradece precisamente a confianza que depositou nel Gaizka Garitano: "Calquera xogador quere ter esa confianza, xogar os partidos, que é o que nos gusta".
 
Subliña que lle agrada xogar polas dúas bandas: "Pola esquerda podo tentar máis o golpeo. Pola dereita tento buscar máis o centro, ou combinar. Tanto unha como outra xoguei toda a miña vida. Non teño problema".
 
Do choque do próximo sábado 15 de outubro en Barcelona (16.15, Bein Sports), di Bruno que "é sempre un partido moi difícil. Nós imos ir coa ilusión de tentar un bo resultado. Temos que traballar bastante, ser intelixentes e axudarnos moito".
 
Referiuse a Messi, "un xogador doutra dimensión". "Seguro que nos complica moito o partido. Todos os xogadores gústalles xogar contra o mellores pero con Messi é máis difícil", engade.