RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo por grupos para pór punto final á semana

O Deportivo realizou o último adestramento da semana dividido en varios grupos. O primeiro deles, o dos futbolistas que por decisión técnica ou lesión non viaxaron a Palma de Mallorca que se exercitaron á hora habitual de cada mañá en Abegondo. O resto, os membros da expedición desprazada ás illas, que nada máis aterrar en Alvedro dirixiuse á Cidade Deportiva de Abegondo para calzarse as botas e porse a adestrar.

Por unha banda, os titulares onte realizaron carreira continua e estiramentos antes de completar a recuperación no interior das instalacións. Por outra, os futbolistas suplentes onte, que xunto aos porteiros do Fabril, realizaron unha sesión completa de adestramento baixo a supervisión do corpo técnico branquiazul.

Non saltaron ao céspede os xogadores tocados: Pedro Sánchez e Carlos Fernández. Todos regresarán ao traballo conxunto o vindeiro martes a partir das 11:00 en Abegondo após o día libre semanal do que gozarán mañá os futbolistas de Natxo González.