RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo preventivo de forza e tarefas técnicas para a única sesión prevista hoxe martes en Abegondo

O Dépor adestrouse esta mañá na Cidade Deportiva co cadro dividido en 3 grupos, tal e como establece o protocolo de volta aos adestramentos de LaLiga.

Coas ausencias de Somma, Bóveda, Mujaid e Hugo Vallejo, este hoxe con adestramento específico, os futbolistas branquiazuis adestráronse ás 09:30, 10:40 e 11:45.

Após un quecemento, a sesión consistiu nun traballo de forza preventiva nun dos campos de fútbol 7 e tarefas técnicas (posesión, roldo...) supervisadas por Fernando Vázquez no campo 3.

Mañá mércores está previsto adestramento mañá e tarde, segundo estes horarios: 09:30, 10:40 e 11:45 os matinais; e 17:30, 18:30 e 19:30 hora os vespertinos.