RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo táctico a porta pechada en Riazor

O Deportivo realizou esta mañá un adestramento a porta pechada no Estadio de Riazor.

Tras un quecemento dirixido polos preparadores físicos Xullo Hernando e David Gómez, o cadro, incluídos os fabrilistas Edu, Monsalve e Lucas, realizaron exercicios de defensa-ataque e, para concluír, un partido once para once a tres cuartas partes de campo, baixo a batuta de Pepe Mel.

Mosquera, aínda sen alta médica, completou o seu segundo adestramento con normalidade. Traballaron á marxe Sidnei, Joselu e Luisinho.

Mañá venres, o cadro volve a Abegondo, nunha sesión que arrancará ás 10:30 horas.