O Deportivo realizou esta mañá un adestramento táctico en Riazor, a porta pechada.
Así, tras un quecemento e un exercicio de posesión, Pepe Mel dispuxo dun partido once para once a campo completo, no que ademais participaron os fabrilistas Nacho Monsalve, Edu e Lucas.
Joselu e Sidnei están en repouso deportivo; e Mosquera traballou co readaptador, Fran Molano.
Mañá venres, o equipo regresa a Abegondo, nun adestramento que arrancará ás 10:30 horas.