RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo táctico por liñas esta tarde para o primeiro equipo

O Deportivo fixo especial fincapé no traballo táctico de cara ao encontro deste domingo 29 de abril (20:45 horas, Movistar Partidazo) no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o FC Barcelona, en partido correspondente á 35ª xornada en LaLiga Santander.

Clarence Seedorf dispuxo de dous grupos: atacantes nunha metade do campo e defensas na outra metade.

O traballo sobre o céspede concluíu cun circuíto físico con finalizacións no campo 3.

Lucas, afectado dunha gastroenterite, realizou unicamente un traballo específico de remates con Seedorf e, acto seguido, retirouse aos vestiarios.

Non saltaron ao céspede Bóveda, Adrián, Sidnei, pendente de avaliación médica, e Bakkali, afectado dunhas molestias nun nocello.

Mañá venres, o equipo adestrarase en Abegondo a partir das 18:00 horas.