RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor afina a puntería na sesión vespertina

O Deportivo incidiu no disparo a portería no adestramento vespertino de hoxe martes 20 de febreiro.

Así, mentres os atacantes realizaban un circuíto físico con finalizacións no campo 2, Clarence Seedorf ensaiaba aspectos defensivos con defensores e centrocampistas no campo 3.

Con todo o equipo reunido no campo 3, o traballo sobre o céspede concluíu cun partido con catro porterías.

Hoxe adestráronse co primeiro equipo o porteiro fabrilista Álex Cobo e o canteirán Ramón (cedido no Atlético Arteixo).

Traballaron á marxe Fede Valverde, Adrián López, Albentosa e Bakkali, este a consecuencia dunha sobrecarga nos adductores.

Mañá mércores, o cadro está citado de novo ás 17:00 horas en Abegondo.

Traballo técnico-táctico de Clarence Seedorf con 7 futbolistas

Clarence Seedorf citou a un grupo de futbolistas do primeiro cadro esta mañá ás 11:30 horas na Cidade Deportiva, para un adestramento técnico-táctico a porta pechada no campo 2, por espazo dunha hora de duración.

Os convocados polo técnico holandés foron os seguintes: Sidnei, Raúl Albentosa, Gerard Valentín, Emre Çolak, Juanfran e Eneko Bóveda. Ademais tamén estaba citado Sulley Muntari.

Pola tarde, ás 17:00 horas adestrarase todo o cadro.