RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Tras un sábado case pleno de triunfos, dous equipos da canteira xogan mañá

  Case pleno de triunfos na canteira deportivista hoxe sábado. Gañaron todos os que xogaron, a excepción do Xuvenil A, ao que lle empataron no minuto 92 cun gran disparo por toda a escuadra. Para mañana quedan únicamente o

O filial deportivista desprázase mañá domingo 6 de novembro a Barbadás, ás 16.30 en Vos Carrís. O obxectivo do filial é alcanzar a cabeza da táboa.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a estes 17 xogadores: Ramón, Alex Cobo, Quique Fornos, Blas, Arnau, Hugo Díaz, Lucas, Edu, Molina, Queijeiro, Corredera, Jorge, Jardel, Óscar, Borja Domingo, Galán e Nacho Monsalve.
 
O outro encontro é o do Dépor Feminino B, que visita ao San Miguel da localidade pontevedresa de Oia.
 
Un bo partido de infantís arrincou onte venres a xornada. O Dépor B, líder do grupo primeiro da Primeira Autonómica con 24 puntos, recibía ao terceiro clasificado, o Oza Xuvenil, igualado a puntos (21) co segundo, Imperátor OAR. Houbo triunfo deportivista (4-1), que consolida así o liderado.
 
O outro gran partido nas categorías inferiores foi hoxe sábado en Abegondo na División de Honra xuvenil. Ao Deportivo, despois dun gran primeiro tempo, igualoulle o Alondras no desconto. Ambos os equipos seguen na clasificación cos mesmos puntos, 19, iso si, un pouco máis lonxe da cabeza.
 
Hoxe houbo triunfos do resto de equipos: Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Infantil A, Alevín A, Benjamín A e Benjamín B.
 
Esta semana, toca descanso para o Alevín B, na Segunda Comarcal A Coruña.
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:
 
Terceira División
 
BARBADÁS - FABRIL, o domingo 6 de novembro ás 16.30 en Vos Carrís (Barbadás)
 
Categoría Feminina
 
Primeira División Autonómica: SAN MIGUEL CF - DEPORTIVO FEMININO B, o domingo 6 de novembro ás 16.15 no campo da Pirucha de Oia (Pontevedra)
 
Categoría Xuvenil
 
División de Honra: XUVENIL A 2 (Adrián e Pedro) - ALONDRAS 2
 
Liga Nacional: CONXO 0 - XUVENIL B 4 (Loren, Antón, Kilian e Muri)
 
Categoría Cadete
 
División de Honra: AREOSA 0 - CADETE A 8 (Pichu -5-, Mosquera -2- e Ernesto)
 
Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 3 (Martínez, Fito e Rares) - EF LALÍN 1
 
Categoría Infantil
 
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 17 (Mauro -2-, Fika, Axel -4-, Padín, Mozas -2-, Antón -2-, Noel -2-, Novoa, Jairo e un futbolista rival en propia meta)
 
Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 4 (Baldomar -2-, Adrián Lombao e Iván) - OZA XUVENIL 1
 
Categoría Alevín
 
Primeira Comarcal, grupo 2º: URAL A 1 - ALEVÍN A 2 (Domínguez e Iago)
 
Categoría Benjamín
 
Primeira Comarcal A Coruña: CALASANZ A 2 - BENJAMÍN A 8 (Bruno -4-, Alex -2-, Jairo e Sergio)
 
Segunda Comarcal A Coruña - As Mariñas: BENJAMÍN B 8 (Íker -2-, Isma -2-, Anxo -2-, Diego e Marco) - VITORIA C 1