RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

''Trataremos de seguir mantendo o nivel competitivo'', asegura Marlos sobre o choque de Granada

Marlos Moreno foi o protagonista esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Cre que o Dépor chega este sábado 5 de novembro a Granada (13.00 horas, Bein Sports) "coa necesidade de lograr o tres puntos, que sería moi import

Antes que no conxunto andaluz, prefire o dianteiro deportivista fixarse no Dépor, "vimos ben", advirte o internacional colombiano, a pouco máis de 48 horas do encontro.

A nivel persoal, Marlos atópase "moi ben. O profe (Garitano) sempre me demostrou confianza. Iso é fundamental para o xogador". Nesta liña, cre que "a medida que vai pasando o tempo os compañeiros vanme coñecendo máis, eu a eles tamén".

Confirma referíndose á súa adaptación que "o vexo todo positivo. Non fixen pretemporada, cheguei tarde. Aos poucos voume adaptando rápido ao que quere o profe e á liga española".

Laméntase das ocasións desperdiciadas ante a Valencia o pasado luns en Riazor: "O bo é que tiven ocasións. Tenteino e vouno a seguir tentando".

Sobre a traxectoria ligueira do Dépor, opina que "independentemente dos resultados pasados, fixemos bos partidos. Lastimosamente non sacamos bos resultados. O equipo anda ben. Non perdemos a alegría independentemente dos resultados. Hai que tratar de levantar a cabeza e seguir".

Advirte aos afeccionados branquiazuis que cruzarán toda España para animar ao equipo no estadio dos Cármenes que "teñen que estar tranquilos. Nós trataremos de sacar un resultado positivo, trataremos de seguir mantendo ese nivel competitivo para, coa axuda de Deus, tratar de saír da parte de abaixo".