RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tres branquiazuis teñen partido mañá martes coas súas respectivas seleccións nacionais

  Tres xogadores do primeiro persoal deportivista (Celso Borges, Fayçao Fajr e Florin Andone) teñen partido mañana martes coas súas respectivas seleccións nacionais. Deles, sóo o de Costa Rica será oficial, clasificato

Celso Borges fronte aos potente Estados Unidos
 
Costa Rica, con Celso Borges na convocatoria, recibe en San José a Estados Unidos, ás 20.05 (hora local) no Estadio Nacional de Costa Rica, en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018.
 
Celso Borges foi titular na madrugada do venres ao sábado paado en Trinidad e Tobago. O partido, tamén clasificatorio, saldouse con vitoria costarriqueña (0-2). Borges disputou o noventa minutos, como é habitual.
 
O futbolista do Dépor ten previsto chegar á Coruña o xoves 17 pola noite.
 
Amigable de Andone ante Rusia,en Grozny
 
O segundo partido de Florin Andone e a selección romanesa neste parón de novembro será amigable, ante Rusia, na cidade rusa de Grozny. O choque arrincará ás 19.00 horas (hora local) no Achmat Area.
 
O pasado venres, o dianteiro Florin Andone arrincou no banco o partido da súa selección, Romanía, ante Polonia, clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018. O ariete deportivista xogou a segunda parte, aínda que non puido evitar a derrota do seu equipo (0-3).
 
O ariete deportivista estará de regreso na Coruña ao longo do mércores 16.
 
Togo, rival de Fayçal nun partido de preparación 
 
O Gran Estadio de Marrakech será o escenario do amigable de Marrocos, con Fayçal Fajr, ante Togo, esta vez nun partido de carácter amigable que arrincará ás 15.00 (hora local).
 
O futbolista branquiazul e o combinado marroquí recibiron á conta de Marfil o pasado sábado 12 de novembro tamén en Marrakech (0-0), en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia de 2018. O atacante deportivista viu o encontro desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.
 
O mércores 16, Fayçal chega de volta á cidade.
 
Emre Çolak ten previsto estar hoxe xa na Coruña
 
Emre Çolak, con Turquía, recibiu no Antalya Area da cidade de Antalya a Kósovo, o pasado sábado 12 de novembro. O choque foi clasificatorio para o próximo Campionato do Mundo. Venceron os turcos (2-0), co deportivista no banco.
 
Foi o único encontro da selección turca neste parón de seleccións. O futbolista branquiazul ten previsto estar hoxe luns na Coruña.