RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Tres deportivistas repetiron hoxe titularidade con Galicia Sub-18, esta vez ante Cataluña

Tres xogadoras do Deportivo Feminino A (Nuria, Tere Abelleira e Lía) repetiron hoxe domingo titularidade coa Selección Galega Sub-18, esta vez ante Cataluña, na segunda xornada do Campionato de España de Seleccións Territoriais.

As tres xogaron os noventa minutos, na derrota pola mínima e inxusta ante as cataláns (1-0), vixentes campioas.

Tamén estaban convocadas María Corral e a porteira Malena, que finalmente non chegaron a saltar ao terreo de xogo.

Tres adestramentos do Deportivo Feminino A esta semana
A pesar de estar en parón do Nadal, o Deportivo Feminino A ten planificados tres adestramentos para esta semana:

Luns 19 de decembro
20.30: Adestramento en Abegondo

Martes 20 de decembro
20.30: Adestramento en Abegondo

Mércores 21 de decembro
20.30: Adestramento en Abegondo

O Deportivo Feminino A renova a liga na Segunda División Nacional (grupo 1º) o domingo 8 de xaneiro ás 17.00 horas en Ponte dos Brozos (Arteixo) fronte ao Sporting de Xixón, que está empatado a puntos (31 puntos) coas deportivistas na segunda posición.