RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Tres derbis fronte ao Celta centran a atención en #ANOSACANTEIRA

Este sábado 25 de novembro haberá tres derbis na xornada ligueira de #ANOSACANTEIRA.

No campo vigués de Barreiro mídense Celta B e Fabril (16:00), cos dous equipos no grupo de cabeza de Segunda División B.

Gustavo Munúa, técnico fabrilista, citou a estes xogadores: Álex Cobo, Francis, Blas, Raúl González, One, Quique Fornos, Diego Caballo, Gaizka, Queijeiro, Martín Bengoa, Romay, Borja Galán, Uxío e Ismael; ademais dos xuvenís Ortuño, Sito e Pedro.

Antes, pola mañá en Abegondo, ven as caras co equipo céltico o Xuvenil B (Liga Nacional) e Cadete A (División de Honra), ás 12:30 e 11:00 horas respectivamente. En ambos os casos o Celta chega como líder.

Para estes partidos, do mesmo xeito que para o do Xuvenil A (domingo ás 16:30 ante o Roces), os socios deportivistas teñen libre acceso. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Ademais deste tres equipos, tamén xoga en casa, en Ponte dos Brozos (Arteixo), o Deportivo ABANCA B (o domingo ás 16:00 horas).

Compiten lonxe de Abegondo esta fin de semana o Cadete B (na Estrada), Infantil A (en Santiago) e Infantil B (en Ordes).

Finalmente, Alevín A e Benxamín A xóganse este sábado na Torre o título da Primeira Comarcal ante os respectivos equipos do Calasanz A, a falta de 3 xornadas para o final desta primeira fase da temporada.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
16ª xornada: CELTA B - FABRIL, o sábado 25 de novembro ás 16:00 en Barreiro (Vigo)
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 36 puntos; 2. Fabril, 31 puntos; 3. Celta B, 28 puntos...

Categoría feminina
12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA B, o domingo 26 de novembro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 33 puntos; 2. Atlético Arousana, 31 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 23 puntos; 4. Viajes InterRías Fútbol Feminino, 21 puntos; 5. Umia, 20 puntos...

Categoría xuvenil
14ª xornada: XUVENIL A - ROCES, o domingo 26 de novembro ás 16:30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 30 puntos; 2. Celta, 28 puntos; 3. Xuvenil A e Roces, 25 puntos; 5. Oviedo e Racing de Santander, 24 puntos...

13ª xornada: XUVENIL B - CELTA B, o sábado 25 de novembro ás 12:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 31 puntos; 2. Ural, 30 puntos; 3. Victoria, 28 puntos; 4. Xuvenil B, 23 puntos; 5. Racing de Ferrol, 21 puntos...

Categoría cadete
13ª xornada: CADETE A - CELTA A, o sábado 25 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta A, 36 puntos; 2. Cadete A, 29 puntos; 3. Ural, 25 puntos...

13ª xornada: ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE - CADETE B, o sábado 25 de novembro ás 12:30 no campo de San Martiño (Callobre - A Estrada)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude de Oroso, 26 puntos; 4. Escola Estrada Fútbol Base e Viveiro A, 22 puntos; 6. Cadete B e EF Lalín, 21 puntos; 8. Lugo B, 20 puntos; 9. Victoria B, 18 puntos...

Categoría infantil
13ª xornada: AMIO - INFANTIL A, o sábado 25 de novembro ás 18:00 no Municipal do Sergas (Santiago)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 34 puntos; 2. Calasanz, 32 puntos...

15ª xornada: ORDES - INFANTIL B, o sábado 25 de novembro ás 10:00 no Anexo Vista Alegre (Ordes)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 34 puntos; 2. Ural B, 30 puntos...

Categoría alevín
7ª xornada: CALASANZ A - ALEVÍN A, o sábado 25 de novembro ás 11:00 na Torre
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º: 1. Calasanz A (un partido máis), 18 puntos; 2. Alevín A, 15 puntos; 3. Orillamar A e Atlético Coruña Montañeros A (un partido máis), 8 puntos...

7ª xornada: URAL B - ALEVÍN B, o domingo 26 de novembro ás 10:00 na Torre
Clasificación da Segunda, grupo 1º: 1. Alevín B, 13 puntos; 2. Victoria B, 10 puntos...

Categoría benxamín
7ª xornada: CALASANZ A - BENXAMÍN A, o sábado 25 de novembro ás 10:00 na Torre
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo 2º: 1. Benxamín A, 18 puntos; 2. Calasanz A, 15 puntos...

7ª xornada: BENXAMÍN B - IMPERÁTOR C, o sábado 25 de novembro ás 13:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (un partido menos) e Victoria C, 15 puntos; 3. Luis Calvo C e Paiosaco H. Añón B, 12 puntos...