RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Tres equipos con cita amigable esta semana, desde mañá martes co Alevín B

Tres equipos de #ANOSACANTEIRA teñen confirmada cita amigable esta semana, a partir de mañá martes: Xuvenil B, Alevín B e Benxamín B.

Os dous primeiros será en forma de partido amigable en Abegondo; e o terceiro, o Benxamín B, con motivo da VII edición do Memorial Manolo Carrera, organizado pola Escola de Fútbol do CD Velle.

Neste torneo que se xogará o sábado 29 de setembro, o conxunto deportivista quedou encadrado no grupo C, co Ourense CF, ED Barbadás e Xuventude de Oroso.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría xuvenil
XUVENIL A - BERGANTIÑOS (Terceira División), o xoves 27 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 6)

Categoría alevín
ALEVÍN B - GALICIA CARANZA A, mañá martes 25 de setembro ás 18:45 en Abegondo (campo de herba artificial)

Categoría benxamín
VII Memorial Manolo Carrera no campo Monte da Aira de Velle (Ourense)
Sábado 29 de setembro
Primeira Fase
10:00: XUVENTUDE DE OROSO - BENXAMÍN B
11:40: BENXAMÍN B - OURENSE Cf
13:40: ED BARBADÁS - BENXAMÍN B

Os dous primeiros clasificados acceden á Fase Final, que por eliminatoria desde cuartos de final arranca ás 16:30. Pola súa banda, os outros dous conxuntos xogan unha Fase de Consolación, que por eliminatoria tamén a partir de cuartos de final, comeza ás 16:00 horas.