RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tres fabrilistas entran na lista convocados para o encontro de Copa do Rei do martes en Illueca

Tres xogadores do Fabril son a novidade na lista de 18 xogadores convocados para xogar o martes 17 de decembro (19:00 horas) no campo Papa Luna de Illueca a primeira eliminatoria da Copa do Rei, a partido único. Os canteiráns citados por Luis César son Gandoy, Valín e David Sánchez.

Quedan fóra da lista por lesión Borja Valle, David Simón, Gaku e Borja Galán, este a consecuencia dunha contusión no vasto externo dunha perna.

A mañá de hoxe domingo arrincou no vestiario cunha charla. Sobre o céspede, o cadro, ademais cos canteiráns Mujaid, Boian e o xuvenil Alberto, dividiuse en 2 grupos após un quecemento e uns rondos.

Os titulares onte en Ponferrada, ademais de Mollejo e Christian Santos, realizaron tarefas de recuperación no ximnasio.

Para os demais, houbo un exercicio de posesión e unha tarefa táctica no campo 2.

Despois do partido en Illueca, todo o cadro adestrarase o mércores 18 ás 12:00 (horario aproximado) na Cidade Deportiva, nada máis regresar da viaxe.