RCD / NOVAS

Tres fabrilistas reforzan a convocatoria do Deportivo para o Trofeo Teresa Herrera

20/12/2020 09:25

Isra, Pescador e Manu Mosquera reforzan a convocatoria do Deportivo de cara á disputa hoxe domingo 20 de decembro en ABANCA-RIAZOR (12:00 horas) da LXXV edición do Trofeo Teresa Herrera ante un combinado do fútbol afeccionado da Coruña.

Os tres fabrilistas únense aos seus compañeiros Juan Rodríguez e Pablo Brea, que xa entraron na lista de Fernando Vázquez que fixo pública onte pola mañá, ao concluír o adestramento matinal dun Deportivo que contou na sesión coa participación do meta xuvenil Adrián Pereda.

Do partido da tarde de onte do Fabril ante o Viveiro CF en Abegondo, só Pescador gozou de minutos. Isra e Manu Mosquera non chegaron a saltar ao terreo de xogo.