RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tres grupos no Dépor no adestramento desta mañá en Abegondo

O Deportivo realizou esta mañá en Abegondo a sesión habitual post-partido coa que concluíu esta semana previa ao playoff.

Borja Jiménez dividiu ao seu cadro en tres grupos. Os titulares onte en ABANCA-RIAZOR ante o Unionistas de Salamanca CF realizaron tarefas de recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e fisioterapia.

Para o resto do cadro, incluídos os canteiráns Yeremay, Alberto e Brais Val, a xornada foi de alta intensidade, con quecemento, un exercicio de posición, unha tarefa con porterías pequenas e fútbol en espazo reducido. Todo iso por espazo dunha hora. A este grupo uníuselle Adrián Lapeña, titular ante Unionistas pero con só 45 minutos de xogo.

Víctor, Trilli e Rafa de Vicente estiveron con adestramento individualizado, supervisado polo readaptador Álex Canosa.

Mañá luns haberá xornada de descanso. O Dépor arrincará a semana o martes 31 de maio ás 10:30 en Abegondo.

O vindeiro sábado 4 de xuño, o cadro branquiazul mídese ao Linares Deportivo (21:00 horas) na semifinal, a partido único, do playoff de ascenso a Segunda División.