RCD / NOVAS

Tres novas incorporacións para o Dépor Feminino

  O Real Club Deportivo pechou esta tarde a incorporación de tres novas futbolistas para o equipo feminino, Malena Mieres, Raquel Béjar e Ana González.

15/07/2016 20:44

 
Malena Mieres García (29 de marzo de 2000), porteira procedente do Friol e xogadora das seleccións galegas de base
 
 
Raquel Béjar Castro (30 de xaneiro de 1998), defensa procedente do Orzán e xogadora das seleccións galegas de base
 
 
Ana González Rivera (8 de xaneiro de 1995), porteira procedente do Sárdoma e xogadora das seleccións galegas de base.