RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tres novos puntos para o Infantil A, esta vez á conta do Atlético Coruña Montañeros CF A

O Infantil A sumou tres novos puntos no subgrupo B norte da Liga Galega ao derrotar (5-0) en Abegondo ao Atlético Coruña Montañeros CF A, en choque correspondente á 6ª xornada.

Daniel, Rubén, André, Iván Barreiro e David foron os goleadores branquiazuis.

Con este marcador, o Infantil A suma 15 puntos á fronte da táboa.

Infantil A: Martín, Vergara, Samuel Fernández, Miguel, Raúl, Álvaro, Iván Barreiro, Daniel, David, Rubén e Hugo. Tamén xogaron: André, Brian, Jairo e Sergio.

A próxima fin de semana toca descanso para o equipo que prepara Juan Villamisar.

Os resultados do Infantil A no subgrupo B norte da Liga Galega son os seguintes:

Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Infantil A 6 (Murilo -2-, José Rey -2-, Dani e Brian)
Infantil A 3 (José Rey e Rubén -2-) - Ural CF 2
CD Calasanz 0 - Infantil A 3 (André, Daniel e Rubén)
Infantil A 3 (Dani, Miguel e Rubén) - Victoria CF 1
Infantil A 5 (Daniel, Rubén, André, Iván Barreiro e David) - Atlético Coruña Montañeros CF A 0